mércores, 11 de decembro de 2019

benvidos/as de novo

queridos lectores/as retomamos as actividades do blog, que andaba un pouco abandonado. Aproveitando que temos os e-book para o empréstito na biblioteca do centro, imos facer unha nova sección de descargas para libros libres. Saúdos e boas lecturas!

mércores, 19 de xuño de 2019

Festa de fin de curso

Con alivio para moitos e un pouquiño de pena para outros, chegou o fin de curso. Para pechar a nosa andaina polo mundo dos libros, o martes 18 fixemos unha festa! O alumnado colaborador, @s participantes no reto lector e os clubes de lectura... e As profes!
Agora temos todo o verao para ler! Boas vacaciones







venres, 7 de xuño de 2019

Xornadas dos club de lectura

Hoxe andamos a partillar experiencias nas xornadas dos clubes de lectura en Santiago de Compostela. Moitas ideas e ilusión para o vindeiro ano!

xoves, 2 de maio de 2019

RETO MES DE ABRIL

Hoxe reunímonos para comentar as lecturas do reto. Viñeron @s valentes, os q poiden conxugar as lecturas cos exames! Bravo por el@s.
Falamos de moitos clásicos: Grandes esperanzas, Os pazos de Ulloa, As mil e unha noite , Doctor Jeckill, El corazón de las tinieblas...
O próximo reto: Un xénero que nunca liches ou les menos.




venres, 26 de abril de 2019

PREMIOS

Rematamos o trimestre dando os premios dos concursos convocados pola biblioteca: marcapáxinas e Rosalías.
Empezamos o novo, convocando unha nova reunión para os participantes do reto lector.









sábado, 6 de abril de 2019

RETO LECTOR

Nova xuntanza para poñer en común as lecturas do mes de marzo! Onte, 5 de abril.

O próximo reto: Un libro de máis de cen anos.




xoves, 4 de abril de 2019

RAÚL VACAS

Hoxe, 4 de abril, o poeta e animador Raúl Vacas visitou a nosa biblioteca para facer cos amig@s da biblio un obradoiro de escritura detectivesca. Veu coa súa maletiña chea de soños e non faltou o corpo  do delito!







martes, 2 de abril de 2019

Premios: As cores de Rosalía

Por fin temos os premios do concurso As cores de Rosalía. A decisión foi realmente difícil porque os traballos presentados eran boísimos. Parabéns a todos e todas e ánimo para continuar participando na vida da Biblioteca!

Os traballos premiados son:
Na categoría de 1, 2 e 3 ESO:
          Alba Gómez Cid (3E): Primeiro premio
          Ana Álvarez López (2A): Áccesit
          Carmen Fernández Prado (1D): Áccesit






 Na categoría de 4 ESO, 1 e  2 BAC:
Noa da Silva Pereira (4D): Primeiro Premio
Alejandro Gil Lozano (1Bac F): Áccesit
Xiana Dopazo González (1BacE): Áccesit





xoves, 28 de marzo de 2019

Novidades de marzo

Lecturas para reflexionar e traballar o pensamento crítico... nestes difíciles tempos.
Novidades de marzo na biblioteca.


luns, 11 de marzo de 2019

MES DAS MULLERES

O día 8 de marzo celebrouse en todo o mundo o Día da Muller. Tamén nos o celebramos e para alongar a festa e a reivindicación este mes, enteiriño, dedicámosllo na nosa biblioteca as mulleres.
Estos son algúns libros q podedes ler alí (e levar para a casa).





xoves, 7 de marzo de 2019

RETO LECTOR

Primeira reunión dos participantes no Reto Lector. Profes e alumnado presentaron as súas lecturas do mes de febreiro: un libro que tiñas pero non liches.
Agora a polo seguiste: o libro favorito dun amigo/a





venres, 22 de febreiro de 2019

As cores de Rosalía

Ooooooh! Hoxe, cando a primavera asoma xa o fociño, unha choiva de “Rosalías” inundou as lagoas.
BO TRABALLO, RAPACES E RAPAZAS do IES As Lagoas.






Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álv...