domingo, 28 de outubro de 2018

Os libros que andamos a ler

Estes son os libros do grupo dos maiores (4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato). Hai que elixir un e dicirllo a Clara Doval (coordinadora da biblioteca).

Lembrade que tamén vos podedes anotar ao grupo de banda deseñada (cómic).

Boas lecturas!

 

Unha bonita escapada Anna Gavalda

Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada foi unha das novidades máis lidas en francés. Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tres irmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmente anoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que é guía turístico nun recuncho perdido da campiña francesa. Esquecendo por unhas horas fillos, parellas, divorcios, preocupacións e obrigas sociais, deciden agasallarse por unha vez cunha auténtica e bonita xeira de liberdade.




 Contos do mar de Irlanda Xurxo Souto

 «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.


Tardes con Margueritte Marie-Sabine Roger

Hai encontros que che poden cambiar a vida...
Esta é unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquecibles. Por unha banda, Germain, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no cine por Gerard Depardieu). Por outra, Margueritte, unha velliña adorable que sabe todo o que hai que saber sobre os libros e, sobre todo, coñece cal é a súa forza e como nos poden cambiar a vida para sempre.

xoves, 25 de outubro de 2018

Día internacional das bibliotecas

O  24 de outubro celebramos o Día internacional das bibliotecas!

O alumando de bacharelato de artes realizou uns videos para proxectar na entrada do instituto. Aquí tedes unha mostra.

 Tamén fixemos unha exposición de volumes na sala de lectura que tivesen a palabra "libro" ou "biblioteca" no título.





luns, 22 de outubro de 2018

venres, 19 de outubro de 2018

Comezamos a andaina do club de lectura!

                                                                                        ViaxePawel Kuczynski

Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álv...