xoves, 9 de novembro de 2023

Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álvarez!!



mércores, 25 de outubro de 2023

Día Internacional das bibliotecas

 







BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR!!

Dámosvos a benvida a este novo curso con este vídeo do alumnado do noso instituto celebrando os Erasmus Days. Entre os músicos hai voluntarios da nosa biblioteca!

CONCURSO A MEMORIA DOS NOSOS

Xa case temos aquí un ano máis o Dia dos defuntos. Volvemos convocar o noso premio de carteis: Busca unha fotografía dalgún familiar ou amigo a quen botes de menos e fai un cartel en A4 cunha foto explicativa. Esperamos os teus traballos na biblioteca!

martes, 20 de decembro de 2022

Torneo de xadrez na biblioteca

Estas dúas últimas semanas estamos celebrando o torneo de xadrez nos recreos da biblioteca.
Moita participación e gran ambiente. Repetiremos seguro!!

Concurso da biblioteca "A memoria dos nosos"

Derrocharon creatividade os nosos alumnos e alumnas no concurso que facemos todos os anos para conmemorar a memoria dos antergos. E aquí están os premios. Parabéns!!

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

 

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

Foto Rosalía de Castro de María F. da costa
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez





 Poema solto que foi publicado en Madrid en 1910 no volume III das Obras completas de Curros; escrito no 1885 co motivo da morte de Rosalía.

martes, 15 de febreiro de 2022

Celebrando a Rosalía

 Como en anos anteriores, durante o mes de febreiro celebramos a obra de Rosalía de Castro. 

Velaquí está o poema completo do que este ano escollemos o primero verso para o noso concurso de microrrelatos:

Cando penso que te fuches,

 Negra sombra que m'asombras,

 Ô pe d'os meus cabezales

 Tornas facéndome mofa.

 Cando maxino qu'es ida

 N'o mesmo sol te m'amostras,

 Y eres a estrela que brila,

cartel do concurso de Rosalía

 Y eres o vento que zóa.

 Si cantan, ês tí que cantas, 

Si choran, ês tí que choras,

 Y-ês o marmurio d'o río

 Y-ês a noite y ês a aurora.

 En todo estás e ti ês todo,

 Pra min y en min mesma moras,

 Nin m'abandonarás nunca, 

Sombra que sempre m'asombras.


martes, 1 de febreiro de 2022

A candeloria!

 

candeloria

A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá



A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

https://portaldaspalabras.gal/wp-content/uploads/2016/02/original_1ebafef1dab432abbbd8513965542b3bdbced5e7.png

xoves, 13 de xaneiro de 2022

Maletas viaxeiras

E chegou a outra maleta que solicitamos para o instituto: a maleta de banda deseñada! 

Na biblioteca gostamos moito da banda desenhada e temos unha sección que medra ano a ano.

Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álv...