xoves, 9 de novembro de 2023

Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álvarez!!



mércores, 25 de outubro de 2023

Día Internacional das bibliotecas

 







BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR!!

Dámosvos a benvida a este novo curso con este vídeo do alumnado do noso instituto celebrando os Erasmus Days. Entre os músicos hai voluntarios da nosa biblioteca!

CONCURSO A MEMORIA DOS NOSOS

Xa case temos aquí un ano máis o Dia dos defuntos. Volvemos convocar o noso premio de carteis: Busca unha fotografía dalgún familiar ou amigo a quen botes de menos e fai un cartel en A4 cunha foto explicativa. Esperamos os teus traballos na biblioteca!

martes, 20 de decembro de 2022

Torneo de xadrez na biblioteca

Estas dúas últimas semanas estamos celebrando o torneo de xadrez nos recreos da biblioteca.
Moita participación e gran ambiente. Repetiremos seguro!!

Concurso da biblioteca "A memoria dos nosos"

Derrocharon creatividade os nosos alumnos e alumnas no concurso que facemos todos os anos para conmemorar a memoria dos antergos. E aquí están os premios. Parabéns!!

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

 

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

Foto Rosalía de Castro de María F. da costa
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez





 Poema solto que foi publicado en Madrid en 1910 no volume III das Obras completas de Curros; escrito no 1885 co motivo da morte de Rosalía.

martes, 15 de febreiro de 2022

Celebrando a Rosalía

 Como en anos anteriores, durante o mes de febreiro celebramos a obra de Rosalía de Castro. 

Velaquí está o poema completo do que este ano escollemos o primero verso para o noso concurso de microrrelatos:

Cando penso que te fuches,

 Negra sombra que m'asombras,

 Ô pe d'os meus cabezales

 Tornas facéndome mofa.

 Cando maxino qu'es ida

 N'o mesmo sol te m'amostras,

 Y eres a estrela que brila,

cartel do concurso de Rosalía

 Y eres o vento que zóa.

 Si cantan, ês tí que cantas, 

Si choran, ês tí que choras,

 Y-ês o marmurio d'o río

 Y-ês a noite y ês a aurora.

 En todo estás e ti ês todo,

 Pra min y en min mesma moras,

 Nin m'abandonarás nunca, 

Sombra que sempre m'asombras.


martes, 1 de febreiro de 2022

A candeloria!

 

candeloria

A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá



A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

https://portaldaspalabras.gal/wp-content/uploads/2016/02/original_1ebafef1dab432abbbd8513965542b3bdbced5e7.png

xoves, 13 de xaneiro de 2022

Maletas viaxeiras

E chegou a outra maleta que solicitamos para o instituto: a maleta de banda deseñada! 

Na biblioteca gostamos moito da banda desenhada e temos unha sección que medra ano a ano.

martes, 14 de decembro de 2021

Maletas viaxeiras

Hoxe dicimos adeus á maleta viaxeira dos libros de portugués para secundaria que tivemos dispoñible desde o 15 de novembro. Esperamos con ilusión a vindeira!

xoves, 18 de novembro de 2021

Un pouco máis orfos... Na morte de darío Xohán Cabana.

 

foto de Xohán Cabana nunha bilioteca
“Venceredes vós

Pero nosoutros temos da nosa parte

os carballos de abril,

as espadanas, a ouricela,

o pan de sapo, as beloritas, a ra

de San Antón, o vagalume,

a troita, a vacaloura,

o xabaril e o corzo,

o mascato e a rula”


venres, 22 de outubro de 2021

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO ANO ESCOLAR!!

ACTIVIDADES biblioteca 2021/2022





DATA

Formación de usuarios

1º trimestre

“Hora de ler”

Todo o ano lectivo

Conmemoración “Día da Biblioteca”

24 de outubro

Club de lectura “Alén das Lagoas”

Todo o ano lectivo

Espazo Redes Sociais

Todo o ano lectivo

Espazo Xogamos?

Todo o ano lectivo

Sesión informativa e publicidade da biblioteca e o club Alén das Lagoas nas redes sociais (Instagram, Facebook, blog, canle de youtube)

Todo o ano lectivo

Club de lectura para adultos (pais, nais, persoal docente e non docente)

Todo o ano lectivo

Formación de equipo de alumnos/as voluntarios da biblioteca

1º trimestre para todo o ano lectivo

Formación de usuarios

1º trimestre

Conmemoración do Día Internacional das bibliotecas

outubro

Exposición temática Mes da Ciencia en Galego

novembro

Concurso Fálame deles. A memoria dos nosos mortos.

novembro

Concurso de postais de Nadal en galego

decembro

Visita á biblioteca pública de Ourense

2º trimestre

Concurso de Banda Deseñada

2º trimestre

Obradoiro Origami no Espazo Creativo


febreiro

Charla coloquio Trampas e manipulacións nas redes sociais.

2º trimestre

Concurso Día de Rosalía

2º trimestre

Exposición do “Día da Muller”

marzo

Concurso de Booktrailer

2º trimestre

Participación do Club de Lectura nas “Tertulias Literarias” do Concello de Ourense

2º e 3º trimestre

Obradoiro “Alén das Lagoas. Falamos de libros”.

Gravación de vídeo

2º e 3º trimestre

Concurso, exposición e conmemoración do “Día do Libro” (“Comeza polo principio”)

abril

Recitado poesía – música. Letras galegas

3º trimestre

Concurso de Microrrelatos das Letras

3º trimestre

Obradoiro de creación cun escritor/a

3º trimestre

Exposición e conmemoración do “Día Mundial do Ambiente”

xuño

Entrega das antoloxías publicadas dos concursos (Banda deseñada, Microrrelatos, Memoria dos mortos e club de lectura de português) e premios.

xuño

Festa final do club de lectura e o voluntariado

xuño

luns, 11 de maio de 2020

SOLUCIÓN AO BIBLIOCONCURSO!


Texto 1 -  DELIBES, Miguel: El camino
Texto 2 - KAFKA, Franz: A metamorfose
Texto 3 - GALEANO, Eduardo: El libro de los abrazos
Texto 4 - SHAKESPEARE, William: Hamlet
Texto 5 - DICKENS, Charles: Grandes Esperanzas
Texto 6 - CORTÁZAR, Julio:Rayuela
Texto 7 - DINESEN, Isak / BLIXEN, Karen: Memorias de África
Texto 8 - DUMAS, Alexandre: O conde de Montecristo
Texto 9 - DOSTOIEVSKI, Fiódor: Crime e castigo
Texto 10 CARROLL, Lewis: As aventuras de Alicia no País das Marabillas 

GAÑADORA DO CONCURSO: Emma Río González (1º Bacharelato A)
parabéns!!

Haberá tamén un agasallo para os seguintes alumnos e alumnas:

- León Mira Monfort (2º ESO C)
- Jorge Varela Mojón (3º ESO A)
- Alba Cudeiro (3º ESO A)
- Santiago Castro Doallo (3º ESO B)
- Mencía Luís González (3º ESO C)
- Gabriel Herrero Delgado (3º ESO C)
- Aitor González González (3º ESO C)
- Pablo Araújo Sanmiguel (4º ESO A)
- Pablo Rodríguez Mateo (4º ESO A)
- Yago Diéguez Pérez (4º ESO A)
- Javier Gómez Pacios (4º ESO A)
- Hugo López González (4º ESO A)
- David Fraguas Nieto (4º ESO A)
- Lucía Calviño Noceda (4º ESO A)
- Carlota Lin Pérez (4º ESO A)
- Carla Padrón (1º BAC A)
- Adrian Anta Gil (1º BAC)
- Rubén Gómez Cebreiros (1º BAC D)
- Carlos Gosende Lois (1º)
- Nerea Cudeiro (2º  BAC B)

luns, 27 de abril de 2020

Os/as docentes das Lagoas recomendan...

Coincidindo coa celebración da semana do libro pedimos aos profesores e profesoras que nos enviaran unha foto de cando ían ao instituto e unha recomendación dun libro que fose especial para eles/as.
Aquí está o resultado!






sábado, 25 de abril de 2020

O 25 de abril

Hoxe conmemoramos a "revolução dos cravos" no país irmán, Portugal.
Foi o 25 de abril de 1974 cando o pobo portugués se levantou contra 48 anos de ditadura. O detonante foi os anos de guerra e mortos nas colonias portuguesas en África. Unha parte do exército, os "capitães de abril" levantáronse contra o goberno apoiados polo pobo.



Déixovos aquí un pequeno contiño titulado O tesouro que explica este importante acontecemento histórico.


















luns, 20 de abril de 2020

BIBLIOCONCURSO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!

- Os/as participantes deberán asignar os comezos de 10 clásicos da literatura universal ao seu autor/a e á obra á que pertence.
- A referencia farase do seguinte xeito: apelido do/a autor/a seguido do nome e título da obra en cursiva (sen comiñas) como neste exemplo: CAMUS, Albert. A peste (As follas que non sigan este criterio quedarán excluídas do concurso).
- Escribe as túas respostas nunha folla numerando os textos e envíaa a: lagoasbiblioteca@gmail.com. O prazo acaba o 5 de maio de 2020!
 - Non esquezas pór na folla o teu nome e curso!


TEXTO 1

Las cosas podían haber sucedido de cualquier otra manera y, sin embargo, sucedieron así. Daniel, el Mochuelo, desde el fondo de sus once años, lamentaba el curso de los acontecimientos, aunque lo acatara como una realidad inevitable y fatal. Después de todo, que su padre aspirara a hacer de él algo más que un quesero era un hecho que honraba a su padre. Pero por lo que a él afectaba...
Su padre entendía que esto era progresar; Daniel, el Mochuelo, no lo sabía exactamente. El que él estudiase el Bachillerato en la ciudad podía ser, a la larga, efectivamente, un progreso. Ramón, el hijo del boticario, estudiaba ya para abogado en la ciudad, y cuando les visitaba, durante las vacaciones, venía empingorotado como un pavo real y les miraba a todos por encima del hombro;...

TEXTO 2

Cando certa mañá Gregor Samsa acordou de soños intranquilos, encontrouse na súa cama metamorfoseado nun insecto monstruoso. Estaba deitado sobre as súas costas duras como coiraza e, ao levantar un pouco a cabeza, viu o seu ventre abombado, marrón, dividido por partes duras en forma de arco, no alto do cal a manta, a punto xa de esvarar ao chan, apenas se sostiña.

As súas numerosas pernas, ridiculamente finas en comparación co volume do resto do corpo, tremían desamparadas diante dos seus ollos.
- O que me aconteceu? - pensou.

TEXTO 3

 El mundo



Un hombre del pueblo de Neguá , en la costa de Colombia, pudo subir al alto cielo.

A la vuelta contó. Dijo que había contemplado desde arriba la vida humana.

Y dijo que somos un mar de fueguitos.

El mundo es eso- reveló- un montón de gente, un mar de fueguitos.

Cada persona brilla con luz propia entre todas las demás.

No hay dos iguales. Hay fuegos grandes y fuegos chicos y fuegos de todos los colores. Hay gente de fuego sereno, que ni se entera del viento, y gente de fuego loco que llena el aire de chispas. Algunos fuegos, fuegos bobos, no alumbran ni queman; pero outros arden la vida con tanta pasión que no se puede mirarlos sin parpadear, y quien se acerca se enciende.

 TEXTO 4

Explanada do castelo de Elsinor
Francisco, de sentinela; Bernardo entra.

 BERNARDO — Quen anda aí?
FRANCISCO — Non; respóndame; pare e diga quen é.
BERNARDO — Viva o rei!
FRANCISCO — Bernardo?
BERNARDO — O mesmo.
FRANCISCO — Chegas exactamente á túa hora.
BERNARDO — Media noite, Francisco. Podes ir deitarte.
FRANCISCO — Douche mil grazas pola mudanza. Vai un frío que pela e eu estou delicado do peito.
BERNARDO — Foi calma a guarda?
FRANCISCO — Non buliu nin rato.
BERNARDO — Entón, boa noite. Se vires por aí o Marcelo e o Horacio, dilles que se dean présa.
FRANCISCO — Paréceme que os escoito. Alto! Non se acheguen. Quen está aí? (Entran Horacio e Marcelo)
HORACIO — Amigos desta terra.
MARCELO — E súbditos do rei da Dinamarca.

TEXTO 5

Sendo o meu apelido Pirrip e o meu nome de pía Philip, a miña lingua infantil, ao querer pronunciar ambos os nomes, non foi quen de dicir nada máis longo nin máis explícito que Pip. Daquela, chameime Pip a min mesmo, e por Pip fun coñecido en diante.

Digo que Pirrip era o apelido da miña familia fundándome na autoridade da lápida do meu pai e da da miña irmá, a señora de Joe Gargery, que casou cun ferreiro. Como eu non coñecín ao meu pai nin á miña nai, nin xamais vin un retrato de ningún dos dous, porque aqueles tempos eran moi anteriores aos da invención da fotografía, as miñas primeiras suposicións acerca de como serían os meus pais derivábanse, dun modo moi pouco razoable, do aspecto da súa lápida. A forma das letras esculpidas na do meu pai facíame imaxinar que foi un home cadrado, macizo, moreno e co cabelo negro e rizado. Dos caracteres e do aspecto da inscrición «E Georgiana, esposa do anterior» saquei a infantil conclusión de que a miña nai era pencosa e enfermiza.

TEXTO 6

¿Encontraría a la Maga? Tantas veces me había bastado asomarme, viniendo por la rue de Seine, al arco que da al Quai de Conti, y apenas la luz de ceniza y olivo que flota sobre el río me dejaba distinguir las formas, ya su silueta delgada se inscribía en el Pont des Arts, a veces andando de un lado a otro, a veces detenida en el pretil de hierro, inclinada sobre el agua. Y era tan natural cruzar la calle, subir los peldaños del puente, entrar en su delgada cintura y acercarme a la Maga que sonreía sin sorpresa, convencida como yo de que un encuentro casual era lo menos casual en nuestras vidas, y que la gente que se da citas precisas es la misma que necesita papel rayado para escribirse o que aprieta desde abajo el tubo de dentífrico.

Pero ella no estaría ahora en el puente. Su fina cara de translúcida piel se asomaría a viejos portales en el ghetto del Marais, quizá estuviera charlando con una vendedora de papas fritas o comiendo una salchicha caliente en el boulevard de Sebastopol. De todas maneras subí hasta el puente, y la Maga no estaba.

TEXTO 7

A Granxa de Ngong

Eu tiña unha granxa en África, ao pé dos outeiros de Ngong. O ecuador atravesaba aquelas terras altas nun centenar de millas ao norte, e a granxa asentábase nunha altura duns seis mil pés. Durante o día sentíaste a unha grande altitude, perto do sol, as primeiras horas da mañá e as tardes eran limpas e sosegadas, e as noites frías.
A situación xeográfica e a altitude combinábanse para formar unha paisaxe única no mundo. Non era nin excesiva nin opulenta; era África destilada a seis mil pés de altura, como a intensa e refinada esencia dun continente.

 TEXTO 8

Marsella. - A Chegada
O 24 de febreiro de 1815, o vixía de Nosa Señora da Guarda deu o sinal de que se vía o bergantín O Faraón, chegado de Esmirna, Trieste e Nápoles.
Como de costume, un práctico costeiro saiu inmediatamente do porto, pasou rente ao Castelo de If e abordou o navío entre o cabo de Morgion e a illa de Rion.
Tamén como de costume, a plataforma do Forte de S. Xoán encheuse inmediatamente de curiosos. Porque em Marsella a chegada dun navío era sempre un gran acontecemento, sobre todo cando ese navío, como no caso do Faraón, fora construído e aparellado nos estaleiros da vella Focia e pertencía a un armador da cidade.
Mentres, o navío aproximábase.

TEXTO 9

No devalo dunha tarde canicular de comezos de xullo un mozo abandonou o rocho que tiña no canellón S..., gañou a rúa e, a modo, como indeciso, encamiñou os seus pasos cara a ponte K...

Tivo sorte de non atoparse coa patroa nas escaleiras. O seu cuartiño achábase mesmo debaixo do tellado dunha casa de cinco andares e, máis ca un cuarto, semellaba un armario. A súa caseira, que lle alugaba esa cambariña con dereito a comida e servizo, vivía un piso máis abaixo, nun apartamento independente e, cada vez que o mozo saía á rúa, víase obrigado a pasar diante da porta da súa cociña, case sempre aberta de par en par cara as escaleiras. E cada vez que pasaba, o mozo experimentaba unha molesta sensación de covardía, da que se avergoñaba e que lle facía torcer o fociño. Estaba moi endebedado coa caseira e temía encontrase con ela.

Non é que el fose covarde nin apoucado, máis ben todo o contrario; pero levaba un tempo encontrándose nun estado tenso e irritado, parecido á hipocondría. Encerrouse en si mesmo e illouse de todos tanto que temía atoparse con calquera, non só coa patroa. Vivía esmagado pola pobreza; pero ultimamente incluso a súa situación apertada deixara de pesarlle.

TEXTO 10

Alicia estaba comezando a se cansar de estar sentada a carón da súa irmá na beira do río, sen ter nada que facer: botara un par de olladelas ao libro que a súa irmá estaba a ler, pero non tiña debuxos nin diálogos. “E cal é a utilidade dun libro sen debuxos nin diálogos?”, preguntábase Alicia.

Así que andaba dándolle voltas na cabeza (moi a modo, porque coa calor do día estaba obtusa e medio adurmiñada) a se o prazer de facer un colar de margaridas pagaba a pena de terse que erguer e ir pillalas, cando de súpeto pasou correndo perto dela un coello branco cos ollos cor de rosa.





Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álv...