luns, 20 de abril de 2020

BIBLIOCONCURSO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!

- Os/as participantes deberán asignar os comezos de 10 clásicos da literatura universal ao seu autor/a e á obra á que pertence.
- A referencia farase do seguinte xeito: apelido do/a autor/a seguido do nome e título da obra en cursiva (sen comiñas) como neste exemplo: CAMUS, Albert. A peste (As follas que non sigan este criterio quedarán excluídas do concurso).
- Escribe as túas respostas nunha folla numerando os textos e envíaa a: lagoasbiblioteca@gmail.com. O prazo acaba o 5 de maio de 2020!
 - Non esquezas pór na folla o teu nome e curso!


TEXTO 1

Las cosas podían haber sucedido de cualquier otra manera y, sin embargo, sucedieron así. Daniel, el Mochuelo, desde el fondo de sus once años, lamentaba el curso de los acontecimientos, aunque lo acatara como una realidad inevitable y fatal. Después de todo, que su padre aspirara a hacer de él algo más que un quesero era un hecho que honraba a su padre. Pero por lo que a él afectaba...
Su padre entendía que esto era progresar; Daniel, el Mochuelo, no lo sabía exactamente. El que él estudiase el Bachillerato en la ciudad podía ser, a la larga, efectivamente, un progreso. Ramón, el hijo del boticario, estudiaba ya para abogado en la ciudad, y cuando les visitaba, durante las vacaciones, venía empingorotado como un pavo real y les miraba a todos por encima del hombro;...

TEXTO 2

Cando certa mañá Gregor Samsa acordou de soños intranquilos, encontrouse na súa cama metamorfoseado nun insecto monstruoso. Estaba deitado sobre as súas costas duras como coiraza e, ao levantar un pouco a cabeza, viu o seu ventre abombado, marrón, dividido por partes duras en forma de arco, no alto do cal a manta, a punto xa de esvarar ao chan, apenas se sostiña.

As súas numerosas pernas, ridiculamente finas en comparación co volume do resto do corpo, tremían desamparadas diante dos seus ollos.
- O que me aconteceu? - pensou.

TEXTO 3

 El mundo



Un hombre del pueblo de Neguá , en la costa de Colombia, pudo subir al alto cielo.

A la vuelta contó. Dijo que había contemplado desde arriba la vida humana.

Y dijo que somos un mar de fueguitos.

El mundo es eso- reveló- un montón de gente, un mar de fueguitos.

Cada persona brilla con luz propia entre todas las demás.

No hay dos iguales. Hay fuegos grandes y fuegos chicos y fuegos de todos los colores. Hay gente de fuego sereno, que ni se entera del viento, y gente de fuego loco que llena el aire de chispas. Algunos fuegos, fuegos bobos, no alumbran ni queman; pero outros arden la vida con tanta pasión que no se puede mirarlos sin parpadear, y quien se acerca se enciende.

 TEXTO 4

Explanada do castelo de Elsinor
Francisco, de sentinela; Bernardo entra.

 BERNARDO — Quen anda aí?
FRANCISCO — Non; respóndame; pare e diga quen é.
BERNARDO — Viva o rei!
FRANCISCO — Bernardo?
BERNARDO — O mesmo.
FRANCISCO — Chegas exactamente á túa hora.
BERNARDO — Media noite, Francisco. Podes ir deitarte.
FRANCISCO — Douche mil grazas pola mudanza. Vai un frío que pela e eu estou delicado do peito.
BERNARDO — Foi calma a guarda?
FRANCISCO — Non buliu nin rato.
BERNARDO — Entón, boa noite. Se vires por aí o Marcelo e o Horacio, dilles que se dean présa.
FRANCISCO — Paréceme que os escoito. Alto! Non se acheguen. Quen está aí? (Entran Horacio e Marcelo)
HORACIO — Amigos desta terra.
MARCELO — E súbditos do rei da Dinamarca.

TEXTO 5

Sendo o meu apelido Pirrip e o meu nome de pía Philip, a miña lingua infantil, ao querer pronunciar ambos os nomes, non foi quen de dicir nada máis longo nin máis explícito que Pip. Daquela, chameime Pip a min mesmo, e por Pip fun coñecido en diante.

Digo que Pirrip era o apelido da miña familia fundándome na autoridade da lápida do meu pai e da da miña irmá, a señora de Joe Gargery, que casou cun ferreiro. Como eu non coñecín ao meu pai nin á miña nai, nin xamais vin un retrato de ningún dos dous, porque aqueles tempos eran moi anteriores aos da invención da fotografía, as miñas primeiras suposicións acerca de como serían os meus pais derivábanse, dun modo moi pouco razoable, do aspecto da súa lápida. A forma das letras esculpidas na do meu pai facíame imaxinar que foi un home cadrado, macizo, moreno e co cabelo negro e rizado. Dos caracteres e do aspecto da inscrición «E Georgiana, esposa do anterior» saquei a infantil conclusión de que a miña nai era pencosa e enfermiza.

TEXTO 6

¿Encontraría a la Maga? Tantas veces me había bastado asomarme, viniendo por la rue de Seine, al arco que da al Quai de Conti, y apenas la luz de ceniza y olivo que flota sobre el río me dejaba distinguir las formas, ya su silueta delgada se inscribía en el Pont des Arts, a veces andando de un lado a otro, a veces detenida en el pretil de hierro, inclinada sobre el agua. Y era tan natural cruzar la calle, subir los peldaños del puente, entrar en su delgada cintura y acercarme a la Maga que sonreía sin sorpresa, convencida como yo de que un encuentro casual era lo menos casual en nuestras vidas, y que la gente que se da citas precisas es la misma que necesita papel rayado para escribirse o que aprieta desde abajo el tubo de dentífrico.

Pero ella no estaría ahora en el puente. Su fina cara de translúcida piel se asomaría a viejos portales en el ghetto del Marais, quizá estuviera charlando con una vendedora de papas fritas o comiendo una salchicha caliente en el boulevard de Sebastopol. De todas maneras subí hasta el puente, y la Maga no estaba.

TEXTO 7

A Granxa de Ngong

Eu tiña unha granxa en África, ao pé dos outeiros de Ngong. O ecuador atravesaba aquelas terras altas nun centenar de millas ao norte, e a granxa asentábase nunha altura duns seis mil pés. Durante o día sentíaste a unha grande altitude, perto do sol, as primeiras horas da mañá e as tardes eran limpas e sosegadas, e as noites frías.
A situación xeográfica e a altitude combinábanse para formar unha paisaxe única no mundo. Non era nin excesiva nin opulenta; era África destilada a seis mil pés de altura, como a intensa e refinada esencia dun continente.

 TEXTO 8

Marsella. - A Chegada
O 24 de febreiro de 1815, o vixía de Nosa Señora da Guarda deu o sinal de que se vía o bergantín O Faraón, chegado de Esmirna, Trieste e Nápoles.
Como de costume, un práctico costeiro saiu inmediatamente do porto, pasou rente ao Castelo de If e abordou o navío entre o cabo de Morgion e a illa de Rion.
Tamén como de costume, a plataforma do Forte de S. Xoán encheuse inmediatamente de curiosos. Porque em Marsella a chegada dun navío era sempre un gran acontecemento, sobre todo cando ese navío, como no caso do Faraón, fora construído e aparellado nos estaleiros da vella Focia e pertencía a un armador da cidade.
Mentres, o navío aproximábase.

TEXTO 9

No devalo dunha tarde canicular de comezos de xullo un mozo abandonou o rocho que tiña no canellón S..., gañou a rúa e, a modo, como indeciso, encamiñou os seus pasos cara a ponte K...

Tivo sorte de non atoparse coa patroa nas escaleiras. O seu cuartiño achábase mesmo debaixo do tellado dunha casa de cinco andares e, máis ca un cuarto, semellaba un armario. A súa caseira, que lle alugaba esa cambariña con dereito a comida e servizo, vivía un piso máis abaixo, nun apartamento independente e, cada vez que o mozo saía á rúa, víase obrigado a pasar diante da porta da súa cociña, case sempre aberta de par en par cara as escaleiras. E cada vez que pasaba, o mozo experimentaba unha molesta sensación de covardía, da que se avergoñaba e que lle facía torcer o fociño. Estaba moi endebedado coa caseira e temía encontrase con ela.

Non é que el fose covarde nin apoucado, máis ben todo o contrario; pero levaba un tempo encontrándose nun estado tenso e irritado, parecido á hipocondría. Encerrouse en si mesmo e illouse de todos tanto que temía atoparse con calquera, non só coa patroa. Vivía esmagado pola pobreza; pero ultimamente incluso a súa situación apertada deixara de pesarlle.

TEXTO 10

Alicia estaba comezando a se cansar de estar sentada a carón da súa irmá na beira do río, sen ter nada que facer: botara un par de olladelas ao libro que a súa irmá estaba a ler, pero non tiña debuxos nin diálogos. “E cal é a utilidade dun libro sen debuxos nin diálogos?”, preguntábase Alicia.

Así que andaba dándolle voltas na cabeza (moi a modo, porque coa calor do día estaba obtusa e medio adurmiñada) a se o prazer de facer un colar de margaridas pagaba a pena de terse que erguer e ir pillalas, cando de súpeto pasou correndo perto dela un coello branco cos ollos cor de rosa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gaiola aberta

 Xa temos dispoñible na nosa biblioteca a revista do instituto Gaiola aberta. Grazas a todos/as colaboradores e á súa coordinadora Elisa Álv...