- Os/as participantes deberán asignar os comezos de 10 clásicos da literatura universal ao seu autor/a e á obra á que pertence.

- A referencia farase do seguinte xeito: apelido do/a autor/a seguido do nome e título da obra en cursiva (sen comiñas) como neste exemplo: CAMUS, Albert.
A peste (As follas que non sigan este criterio quedarán excluídas do concurso).
- Escribe as túas respostas nunha folla numerando os textos e envíaa a:
lagoasbiblioteca@gmail.com. O prazo acaba o 5 de maio de 2020!
- Non esquezas pór na folla o teu nome e curso!
TEXTO 1
Las cosas podían haber sucedido de cualquier otra manera y, sin
embargo, sucedieron así. Daniel, el Mochuelo, desde el fondo de sus
once años, lamentaba el curso de los acontecimientos, aunque lo
acatara como una realidad inevitable y fatal. Después de todo, que
su padre aspirara a hacer de él algo más que un quesero era un
hecho que honraba a su padre. Pero por lo que a él afectaba...
Su
padre entendía que esto era progresar; Daniel, el Mochuelo, no lo
sabía exactamente. El que él estudiase el Bachillerato en la ciudad
podía ser, a la larga, efectivamente, un progreso. Ramón, el hijo
del boticario, estudiaba ya para abogado en la ciudad, y cuando les
visitaba, durante las vacaciones, venía empingorotado como un pavo
real y les miraba a todos por encima del hombro;...
TEXTO 2
Cando certa mañá Gregor Samsa acordou de soños intranquilos,
encontrouse na súa cama metamorfoseado nun insecto monstruoso.
Estaba deitado sobre as súas costas duras como coiraza e, ao
levantar un pouco a cabeza, viu o seu ventre abombado, marrón,
dividido por partes duras en forma de arco, no alto do cal a manta, a
punto xa de esvarar ao chan, apenas se sostiña.
As súas numerosas
pernas, ridiculamente finas en comparación co volume do resto do
corpo, tremían desamparadas diante dos seus ollos.
- O que me aconteceu? - pensou.
TEXTO 3
El
mundo
Un
hombre del pueblo de Neguá , en la costa de Colombia, pudo subir al
alto cielo.
A
la vuelta contó. Dijo que había contemplado desde arriba la vida
humana.
Y
dijo que somos un mar de fueguitos.
El
mundo es eso- reveló- un montón de gente, un mar de
fueguitos.
Cada
persona brilla con luz propia entre todas las demás.
No
hay dos iguales. Hay fuegos grandes y fuegos chicos y fuegos de todos
los colores. Hay gente de fuego sereno, que ni se entera del viento,
y gente de fuego loco que llena el aire de chispas. Algunos fuegos,
fuegos bobos, no alumbran ni queman; pero outros arden la vida con
tanta pasión que no se puede mirarlos sin parpadear, y quien se
acerca se enciende.
TEXTO 4
Explanada do castelo de Elsinor
Francisco, de sentinela;
Bernardo entra.
BERNARDO — Quen anda aí?
FRANCISCO — Non; respóndame; pare e diga quen é.
BERNARDO — Viva o rei!
FRANCISCO — Bernardo?
BERNARDO — O mesmo.
FRANCISCO — Chegas exactamente á túa hora.
BERNARDO — Media noite, Francisco. Podes ir deitarte.
FRANCISCO — Douche mil grazas pola mudanza. Vai un frío que
pela e eu estou delicado do peito.
BERNARDO — Foi calma a guarda?
FRANCISCO — Non buliu nin rato.
BERNARDO — Entón, boa noite. Se vires por aí o Marcelo e o
Horacio, dilles que se dean présa.
FRANCISCO — Paréceme que os escoito. Alto! Non se acheguen.
Quen está aí? (Entran Horacio e Marcelo)
HORACIO — Amigos desta terra.
MARCELO — E súbditos do rei da Dinamarca.
TEXTO 5
Sendo o meu apelido Pirrip e o meu nome de pía Philip, a miña
lingua infantil, ao querer pronunciar ambos os nomes, non foi quen de
dicir nada máis longo nin máis explícito que Pip. Daquela,
chameime Pip a min mesmo, e por Pip fun coñecido en diante.
Digo que Pirrip era o apelido da miña
familia fundándome na autoridade da lápida do meu pai e da da miña
irmá, a señora de Joe Gargery, que casou cun ferreiro. Como eu non
coñecín ao meu pai nin á miña nai, nin xamais vin un retrato de
ningún dos dous, porque aqueles tempos eran moi anteriores aos da
invención da fotografía, as miñas primeiras suposicións acerca de
como serían os meus pais derivábanse, dun modo moi pouco razoable,
do aspecto da súa lápida. A forma das letras esculpidas na do meu
pai facíame imaxinar que foi un home cadrado, macizo, moreno e co
cabelo negro e rizado. Dos caracteres e do aspecto da inscrición «E
Georgiana, esposa do anterior» saquei a infantil conclusión de que
a miña nai era pencosa e enfermiza.
TEXTO 6
¿Encontraría
a la Maga? Tantas veces me había bastado asomarme, viniendo por la
rue de Seine, al arco que da al Quai de Conti, y apenas la luz de
ceniza y olivo que flota sobre el río me dejaba distinguir las
formas, ya su silueta delgada se inscribía en el Pont des Arts, a
veces andando de un lado a otro, a veces detenida en el pretil de
hierro, inclinada sobre el agua. Y era tan natural cruzar la calle,
subir los peldaños del puente, entrar en su delgada cintura y
acercarme a la Maga que sonreía sin sorpresa, convencida como yo de
que un encuentro casual era lo menos casual en nuestras vidas, y que
la gente que se da citas precisas es la misma que necesita papel
rayado para escribirse o que aprieta desde abajo el tubo de
dentífrico.
Pero ella no estaría ahora en el puente. Su
fina cara de translúcida piel se asomaría a viejos portales en el
ghetto del Marais, quizá estuviera charlando con una vendedora de
papas fritas o comiendo una salchicha caliente en el boulevard de
Sebastopol. De todas maneras subí hasta el puente, y la Maga no
estaba.
TEXTO 7
A
Granxa de Ngong
Eu
tiña unha granxa en África, ao pé dos outeiros de Ngong. O ecuador
atravesaba aquelas terras altas nun centenar de millas ao norte, e a
granxa asentábase nunha altura duns seis mil pés. Durante o día
sentíaste a unha grande altitude, perto do sol, as primeiras horas
da mañá e as tardes eran limpas e sosegadas, e as noites frías.
A
situación xeográfica e a altitude combinábanse para formar unha
paisaxe única no mundo. Non era nin excesiva nin opulenta; era
África destilada a seis mil pés de altura, como a intensa e
refinada esencia dun continente.
TEXTO 8
Marsella.
- A Chegada
O 24 de febreiro de 1815, o vixía de Nosa
Señora da Guarda deu o sinal de que se vía o bergantín O
Faraón, chegado
de Esmirna, Trieste e Nápoles.
Como de costume, un práctico costeiro saiu inmediatamente do
porto, pasou rente ao Castelo de If e abordou o navío entre o cabo
de Morgion e a illa de Rion.
Tamén como de costume, a plataforma do Forte de S. Xoán encheuse
inmediatamente de curiosos. Porque em Marsella a chegada dun navío
era sempre un gran acontecemento, sobre todo cando ese navío, como
no caso do Faraón, fora construído e aparellado nos
estaleiros da vella Focia e pertencía a un armador da cidade.
Mentres, o navío aproximábase.
TEXTO 9
No
devalo dunha tarde canicular de comezos de xullo un mozo abandonou o
rocho que tiña no canellón S..., gañou a rúa e, a modo, como
indeciso, encamiñou os seus pasos cara a ponte K...
Tivo
sorte de non atoparse coa patroa nas escaleiras. O seu cuartiño
achábase mesmo debaixo do tellado dunha casa de cinco andares e,
máis ca un cuarto, semellaba un armario. A súa caseira, que lle
alugaba esa cambariña con dereito a comida e servizo, vivía un piso
máis abaixo, nun apartamento independente e, cada vez que o mozo
saía á rúa, víase obrigado a pasar diante da porta da súa
cociña, case sempre aberta de par en par cara as escaleiras. E cada
vez que pasaba, o mozo experimentaba unha molesta sensación de
covardía, da que se avergoñaba e que lle facía torcer o fociño.
Estaba moi endebedado coa caseira e temía encontrase con ela.
Non
é que el fose covarde nin apoucado, máis ben todo o contrario; pero
levaba un tempo encontrándose nun estado tenso e irritado, parecido
á hipocondría. Encerrouse en si mesmo e illouse de todos tanto que
temía atoparse con calquera, non só coa patroa. Vivía esmagado
pola pobreza; pero ultimamente incluso a súa situación apertada
deixara de pesarlle.
TEXTO 10
Alicia estaba comezando a se cansar de estar sentada a carón da súa
irmá na beira do río, sen ter nada que facer: botara un par de
olladelas ao libro que a súa irmá estaba a ler, pero non tiña
debuxos nin diálogos. “E cal é a utilidade dun libro sen debuxos
nin diálogos?”, preguntábase Alicia.
Así que andaba dándolle voltas na
cabeza (moi a modo, porque coa calor do día estaba obtusa e medio
adurmiñada) a se o prazer de facer un colar de margaridas pagaba a
pena de terse que erguer e ir pillalas, cando de súpeto pasou
correndo perto dela un coello branco cos ollos cor de rosa.